Publicidad:
Terra
La Coctelera

Día das letras galegas, dia de Galiza

O día 17 de maio seino, vai con retraso, celébrase o día das letras galegas, día para conmemorar a un dos nosos escritores que fixeron que a nosa lingua se atope agora nun lugar privilexiado. Suoño que todos sabemos cómo e cáno empezou o "Día das Letras Galegas", pero pra aqueles que todavía non o saben, áquí vos deixo un pequeno resumo dasúa historia:
Durante a época do franquismo, tres dos membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) propuxeron exaltar todo o esforzo material que os escritores fixeran para a defensa da nosa lingua, escollendo o 17 de maio co aiversario da publicación da Obra Follas Novas de Rosalía de Castro, a primeira obra considerada do Rexurdimento da nosa lingua. A proposta foi acollida polo presidente da RAG (Sebastián Martínez Risco, grandes donde os haxa), e aprobada o 13 de maio de 1963, primeiro ano do Día das letras Galegas, adicado a Gran Rosalía de Castro.
Este ano, pola contra, foi adicado
a María Mariño, con diversos actos,
aínda que o máis importante foi o de Folgoso do Courel, onde finou a poeta. Homenaxe promovido como cada ano pola RAG.
maria
E déixovos un dos seus poemas, que na miña opinión, son grandes:

VERBA QUE COMEZA

Está caendo a folla i en min nace primaveira,
Quen entenderá este mar vello?
Como digo onte sendo hoxe?
Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!
Como reino nas migallas onde medrei un bon día!
Como piso forte sendo branda?
Como digo si si o non está escoitando?
Quen entenderá este mar vello?
Medro, medro e non sei onde parar.
Presa xa e ceguiña no cume
lévame,
lévame ó chan a verba.

Queda hoxe o chan soio
muxindo a pegada do tempo.
Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña,
fariña que non fai masa.
Rebélanse as ondas ós mares,
os ríos afogan a pradeira seca,
os camiños non se atopan.
Quen entenderá este mar vello?
É outono i en min nace primaveira.
Quen o entenderá?

Nós comemos....e eles....

Supoño, bueno en realidade todos sabemos que unha das cousas que máis destacan de Galiza no estranxeiro é o marisco. Pero do que ninguén fala é da xente que recolleo marisco, sobre todo dos percebes, que aínda que soe moi tópico, estanse xogando a vida nos penedos,e dío alguén que perdeu a xente nas pedras cun golpe de mar. Aquí vos deixo un video que atopei dun día de pesca dos percebeiros:

Supoño que con isto tampouco vou facer que a xente pense neles e nelas cada vez que leve á boca un percebe, pero que ahí quede o seu traballo!

E hoxe bascket


E que viva o fútbol señores!!!

Hoxe desvío o tema do blog porque coma boa afeccionada do fútbol, pensei que debería ter un post adicado a el, porque...que viva o fútbol!!

Que sería dun domingo sen o sufrimento do partido do noso equipo? Digo sufrimento, máis que nada porque o meu equipo é único que me dá. Ninguén entende a paixón polo fútbol, bueno máis ben ninguén que no sexa afecionado, pero é quea verdade é que tampouco seino explicar, pero si que se senten os colores dun equipo. Dígoo porque eu, si sinto os colores dun equipo, o celeste e ultimamente non me dan máis ca desgustos pero a verdade é que tamén desfrutamos do xogo cada fin de semana, sexa ou no sexa o noso equipo.

Creo que non hai nada mái que dicir....só unha vez máis que viva o fútbol!

Recunchos de Galiza

Galicia
Uploaded by jefeolivers

Un video promocional de Galicia - The funniest videos clips are here

Creo que non hai nada que dicir...só que Galiza é única!!!